{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/arosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/arosa_deporte_federado.mp4{/flowplayer}
VILAGARCIA> O Club de futbol Arosa ven de presentar un recurso ante a perda da subvención da Fundación de Deportes de Vilagarcía. Séntense víctimas dun trato discriminatorio, posto que o ano pasado outros 10 clubs presentaron a documentación fora de prazo como lles aconteceu a eles neste exercicio, e si que lle deron finalmente as subvencións. O Arosa S. C. ven de presentar un recurso o pasado día 18 contra a concesión das subvencións deportivas do Concello de Vilagarcía deste ano. Argumentan sentirse víctimas dun trato discriminatorio respecto ó ano pasado; posto que, tal e como se reflicte nas actas do 2013; daquela outros dez clubs presentaron a documentación fora de prazo e finalmente si se lle concederon. Desde o Arosa denuncian que a maneira en que se convocaron as subvención non foi a axeitada nin tivo a publicidade correcta. Agora este erro administrativo podería levarlle a perder uns 8.000 euros de achega municipal, que virían a completar o seu orzamento anual de 265.000 euros. Esta falla de flexibilidade afectaría ós seus 420 xogadores federados; a inmensa maioría futbolistas de base. Este club de fútbol da capital arousá está disposto a esgotar a vía administrativa, confiando en que finalmente o recurso se resolverá favorablemente para eles. Mentres a resolución non chega, piden a dimisión dos socialistas por votar en contra da rectificación ó seu favor na última xuntanza da Fundación de Deportes argumentando que de facelo prevaricarían. A raíz deste incidente, desde o Arosa están aínda máis convencidos de que a Fundación de Deportes non funciona para xestionar de xeito eficiente este sector en Vilagarcía. Aseguran que é un chiringuito obsoleto que debería mudar e adaptarse ós tempos, incluíndo representación do fútbol e do baloncesto base; os dous deportes que máis fichas moven neste municipio.