Malestar entre os noieses polas obras do Curro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/obrasnoia0805141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/obrasnoia080514.mp4{/flowplayer}

    NOIA> Algúns veciños opinan que se está destruíndo o casco antigo. O Curro é unha emblemática rúa comercial de Noia e tela neste estado non axuda a captar clientes. Esta é unha das principais queixas dos comerciantes. Segundo o plan urbanístico, a rúa pasará a ser peonil e converterase nunha praza. Tamén hai previsto instalar unhas esqueiras na parte frontal do Coliseo Noela, que non acaban de convencer ós veciños xa que pensan que poden ser un impedimento para a celebración dos mercadillos ou as procesións que por alí se suceden. Os materiais utilizados tampouco son de unánime agrado porque ós consideran un completo cambio da esencia da vila. Vendo que os cambios son inminentes, piden a máxima axilidade nas obras para que os comercios do Curro volvan á normalidade.