AXUVI bota a andar amosando a súa cara máis solidaria

axuvi copia.jpg VILANOVA> A Asociación Xuvenil de Vilanova preséntase cunha campaña de recollida de xoguetes e alimentos para os máis necesitados da vila.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_ASOC_AXUVI.flv{/flowplayer}

A Asociación Xuvenil de Vilanova preséntanse ante a mocidade do municipio amosando a súa faciana más solidaria: unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos que se destinarán ás familias máis desfavorecidas do municipio.

O persoal de Servizos Sociais do concello será o encargado de distribuír tódolos xoguetes e comida que se doen durante estes días. Pero as actividades de AXUVI para este Nadal non rematan aquí. Para vindeiro venres teñen preparado un concerto de rock na Casa do Mar a partir das dez da noite ó que pode asistir todo aquel que o desexe. E para os máis pequenos, o día 29, sesión de lecer cos pais.

AXUVI conta polo momento cuns 20 integrantes, polo que agardan que estas actividades non só os axuden a darse a coñecen en Vilanova, senón tamén a sumar novos socios.

Redacción Salnés