PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra podería albergar a partires do vindeiro ano o Campus Crea; un dos viveiros de empresas máis moderno de Galicia, centrado en eidos artísticos e de comunicación como os graos que se están a impartir na Cidade. Este proxecto a catro bandas avanza con celeridade para non perder os fondos europeos que o farán posible.
O Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Cámara de Comercio pontevedresa e o Consorcio da Zona Franca de Vigo traballan de xeito conxunto na elaboración do proxecto do que será un viveiro de empresas temático. A especialización naqueles eidos que precisamente xa se están a estudiar no Campus de Pontevedra, será unha das claves para aproveitar as sinerxias que deriven na creación de emprego de novos emprendedores. Aquí poderán ter base novas ideas de negocio; co fin de xerar emprego innovador desde Pontevedra. O Consistorio pontevedrés propuxo para a ubicación do futuro edificio un terreo municipal na rúa de A Barca de 850 metros cadrados. Aquí pretenden construír un edificio de oito plantas, amais dun ático e dous baixos que acolla unhas 20 empresas diferentes. A tramitación do proxecto marcha a pasos de xigante co fin de non perder os fondos europeos que tramita a Cámara de Comercio a través do Plan Incyde. A vindeira reunión terá lugar o 16 de setembro; data na que a Universidade de Vigo deberá presentar o plan de necesidades deste edificio, co fin de que a Cámara e o Concello executen o proxecto constructivo. Amais non se descarta o futuro patrocinio das empresas que aquí se asenten por parte de entidades financeiras privadas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/campus_Crea.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/campus_crea.mp4{/flowplayer}