A mellora na calidade do mar será palpable nun trimestre

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/obras_ethel.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/inicio_obras_saco_fefinans.mp4{/flowplayer}

    CAMBADOS> Comezan as obras de saneamento integral para eliminar os vertidos ó Saco de Fefiñáns en Cambados. A Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, era a encargada de supervisar o comezo destas obras que virán a mellorar a actividade marisqueira desta ría. A nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras fixo a súa primeira comparencia pública no Salnés esta mañá co gallo da posta en marcha das obras do Plan de Saneamento Integral para a recollida de vertidos no Saco de Fefiñáns en Cambados. Estas obras estarán rematadas en tres meses co que se eliminarán os vertidos sen depurar dun colector de saneamento que non estaba conectado á rede depuradora. A primeira fase destes traballos transcorren pola rúa do Pombal, de xeito paralelo á estrada po549 que une Cambados con Vilagarcía. Os traballos consistiran na remuda de 120 metros de colectores, así como a instalación dunha pequena estación de bombeo nun punto baixo da zona do río Corvillón que recolla as augas residuais das vivendas levándoas á rede de saneamento actual existente.A segunda fase, que se acomete de xeito simultáneo, centrarase na recollida de verteduras no contorno da Avenida de Vilagarcía; ca mellora do saneamento na Rúa do Río, na construcción do novo colector da Cabana e nun depósito de retención de augas unitarias no Pombal. Estas tarefas veranse complementadas ca execución da depuradora de Cambados, xa en marcha. Estas actuacións inclúense no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa que beneficia a quilómetros e quilómetros de costa da marxe dereita da Ría arousá.