Os traballadores do Hospital QuirónSalud denuncian a conxelación dos seus salarios

PONTEVEDRA> O comité de empresa do Hospital QuirónSalud Domínguez de Pontevedra denunciou esta mañá a situación que están sufrindo os traballadores tras a conxelación dos seus salarios. Un feito que, segundo eles, está afectando a 65 persoas do centro.

Situación complicada a que están vivindo os traballadores do Hospital QuirónSalud Domínguez de Pontevedra. Segundo denunciou esta mañá o comité de empresa, o centro está incumprindo o convenio colectivo firmado no ano 2017 tras a conxelación nos soldos das persoas que gañan por encima da táboa salarial. Unha situación que afecta ao 20% do persoal.

O comité tamén denuncia a falta dun calendario de vacacións para todos os traballadores, así como o incremento nas xornadas laborais.

O sindicato de Comisións Obreiras xa denunciou o incumprimento do convenio colectivo. Agora, o comité de empresa convoca para este xoves unha asemblea onde analizaranse as accións que o colectivo tomará a partir de agora. Non descartan que haxa mobilizacións por parte dos traballadores, ou incluso, demandas á empresa de xeito individual.