O Alcalde de Poio decidirá sobre a legalidade das multas

    POIO> O Concello de Poio será o que decida finalmente sobre as polémicas multas impostas a uns conductores por xirar a cabeza máis de corenta e cinco graos, cando había un radar na beira da calzada no pasado venres santo. Os últimos informes apuntan a que a competencia neste asunto é do Alcalde,como xefe da Policía Local.

    As multas da Policía Local de Poio a varios conductores por xirar a cabeza máis de corenta e cinco graos, ó constatar que había un vehículo con radar na beira da estrada, deron a volta a Galicia desde aquel 18 de abril que se impuxeron na estrada po-308, á altura da Porteliña. O orixinal da sanción creou unha intensa polémica e ninguén quería ser o encargado de resolver o entorto. Logo de varios trámites entre Administracións, agora os últimos informes aseguran que debe ser o Alcalde Luciano Sobral o que dirima esta cuestión, por ser el o xefe da Policía Local. O Alcalde de Poio defende que os policías locais traballan de xeito autónomo segundo a súa formación como axentes da orde. Con todo, será el o que teña que determinar agora se houbo exceso de celo na aplicación da lei. Para coñecer o pronunciamento da Alcaldía de Poio haberá que agardar un par de semanas; se ven os axente da orde local se reafirman nas súas denuncias. Namentres o seu pronunciamento non chega, Sobral lembra que os conductores multados teñen aínda outras fórmulas legais para reclamar. Entre a decena de multas, figuran a dun veciño de Vilagarcía, unha muller de Poio, amais doutro de Vigo e un conductor de Madrid, que se enfrontan a multas de cen euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/multas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/poio_multas_trafico.mp4{/flowplayer}