O acceso ó Carreirón completarase o ano que ven

    A ILLA> O Parque Natural do Carreirón na Illa conta desde agora cun novo acceso que fará servicio ós moitos veciños e visitantes que acoden a este espazo. Nesta anualidade asfaltouse un tramo de case 400 metros, e na vindeira anualidade completarase o total desta estrada.

    O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra e o Alcalde de A Illa visitaron esta mañá o camiño rural de acceso ó Parque Natural do Carreirón. Unha actuación ben precisa neste vial tan concorrido do Concello da Illa. En total arranxouse o firme ó longo de case 400 metros, e nun ancho medio de oito metros, oscilando entre os 6 e os 9 metros. Unha actuación que supuxo un investimento de 31.500 euros que terá continuidade o ano que ven, nunha segunda fase a cargo do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar. Un plan que investiu 2.6 millóns de euros na Provincia este ano. Estas actuacións son posible grazas ós Fondos Europeos FEDER e os achegados polo Goberno Central e da Deputación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/obras_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/obras_illa_touris.mp4{/flowplayer}