Mozos noieses fórmanse no emprendemento a través da música

    NOIA> A música como base de negocio para novos emprendedores. Este foi o tema do encontro sectorial celebrado esta mañá no Espazo Xove de Noia. A directoral xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, inaugurou a xornada. Unha quincena de mozos participaron no encontro sectorial ‘Do ocio ó teu negocio’ desenvolvido no espazo xove de Noia. O obxectivo desta xornada, coa música como tema central, foi iniciar os contactos para tecer as redes do emprendemento que permitan á mocidade facer dunha afección a súa profesión. Este encontro vense sumar á longa lista de actividades e proxectos que se desenvolven neste Espazo Xove . Entre eles, a rede de ‘Espazos Emprende’ que permite á mocidade iniciar a súa actividade empresarial con asesoramento técnico e profesional.