NOIA> Na iniciativa, que chega este ano á súa décimo cuarta edición, tomarán parte uns 24 establecementos que instalarán os seus expositores no pavillón municipal Agustín Mourís.
Por décimo cuarto ano consecutivo Noia Histórica organiza a Feira de Comercio. Este venres ás cinco da tarde abrirá as súas portas no pavillón municipal Agustín Mourís cun total de vinte e catro establecemento participantes.un número lixeiramente superior ó de anteriores edicións.
Coa iniciativa comercial colabora tamén o Concello, que ve nela unha boa fórmula para a dinamización do comercio local.
A feira manterase durante toda a fin de semana aberta cun horario ininterrompido. O sábado de dez e media da mañá a nove e media da noite. E o domingo de dez e media ata as nove. Este ano contarase tamén con servizo de cafetería e unha ludoteca infantil, con obradoiros e inchables para os máis pequenos. Dende a patronal local agardan contar co mesmo éxito de público e de vendas de anteriores edicións.
Comments are closed.