Dimite a edil de Igualdade de Noia, Sofía Caamaño

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/30/dimisionedilbngnoiasofiacaamano300714.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/30/dimisionedilbngnoiasofiacaamano300714.mp4{/flowplayer} NOIA> Os motivos que a levan a tomar esta decisión responden basicamente á súa vontade de optar a un posto de traballador social municipal. Moitos membros da corporación municipal e traballadores municipais collían por sorpresa a nova da renuncia da concelleira de Igualdade e Benestar, Sofía Caamaño. A decisión de abandonar o seu cargo, responde a razóns meramente persoais, coa finalidade de poder optar a un posto de traballador social convocado polo Concello. Segundo manifestou a propia Sofía Caamaño para ela é necesario romper o seu actual vínculo co Concello para concorrer, xunto co resto de persoas aspirantes, a unha praza baixo a modalidade de interinidade para os servizos sociais comunitarios de base e servizo de emerxencias sociais. A súa decisión foi apoiada dende a propia asemblea do BNG noiés, agrupación á que pertence. Un órgano que, xunto á propia dirección nacional, a quen tamén se lle comunicou esta decisión, destacaron o xesto da xa exedil, dando conta dos principios da militancia desta organización, facendo ademais un recoñecemento público o traballo desenvolvido por Caamaño na área de Igualdade e Benestar. Da súa renuncia darase conta á corporación municipal na vindeira sesión plenaria con carácter ordinario, seguramente en setembro. Polo de agora descoñécese o nome da persoa que a substituirá no cargo. Unha decisión que deberá tomar a propia asemblea local do BNG na súa vindeira xuntanza.