O PP denuncia supostas ilegalidades na organización da Festa do Mar 2014

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/pp_poio_temas_economicos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/pp_poio_temas_economicos.mp4{/flowplayer} 

 

POIO> A polémica rodea a edición deste ano da Festa do Mar de Poio. O PP ven de denunciar supostas irregularidades á hora de tramitar os preparativos do evento. Ademais, non dubidan en sinalar ao concelleiro de festexos, Xosé Luis Martínez, como responsable directo.

Para os populares de Poio, a organización da Festa do Mar deste ano estivo chea de irregularidades.

As irregularidades estenderíanse tamén ao eido económico. Aseguran que se atoparon con facturas rexistradas por valor de 200 mil euros que non poden ser contabilizadas ao non ter consignada unha partida orzamentaria. Tampouco lles dan as contas.

Denuncian tamén que as empresas participantes recibiron pagos en efectivo ao finalizar cada xornada da festa. De todo responsabilizan directamente ao concelleiro de festexos, Xosé Luis Martínez.

Así, os populares dan por probadas as súas sospeitas, que os levaron a facer un seguimento especial da organización da Festa do Mar 2014.