![]()
VILANOVA > A Deputación de Pontevedra promoverá a publicación e divulgación dos traballos premiados.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou hoxe en Vilanova de Arousa o terceiro Premio Valle Inclán á investigadora francesa Eliane Lavaud-Fage polo seu traballo ‘Valle-Inclán ¿un sistema literario?’.
Ó mesmo tempo tamén recolleu o seu galardón o profesor da facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago Anxo Abuín por ‘La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: una aproximación a la dramaturgia de Valle-Inclán deste la estética del silencio’. Os dous agradeceron moito este recoñecemento que ademais da publicación dos respecivos traballos lles reportará 24.000 euros.
Historia
O Premio Valle Inclán foi constituído pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova hai tres anos para homenaxear a figura deste vilanovés universal a través de traballos relacionados coa vida e a obra do autor dende un punto de vista científico-divulgativo. Deste xeito queren popularizar a obra de Valle Inclán e, en especial, a súa relación con Vilanova, co Salnés e con Galicia.
O presidente provincial lembrou o compromiso da Deputación con Valle Inclán, a quén lle subvencionou a publicación da súa primeira obra, ‘Femeninas’ e resaltou a colaboración no congreso celebrado na nova sede da Fundación Valle Inclán, a rehabilitación da Casa Museo e a creación do Premio que leva o seu nome.
O alcalde de Vilanova agradeceu o traballo do xurado e de tódolos que fan posible que este premio chegue xa á súa terceira edición e que esté dándolle un coñecemento universal non só á figura de Valle senón ó propio concello de Vilanova.
Redacción Salnés









