Un incendio calcina unha habitación dunha vivenda en Pomar do Río

    BOIRO> A pesar dos importantes danos causados no interior da estancia non houbo que lamentar danos persoais. A rápida intervención, tanto do Servizo Municipal de Emerxencias coma dos bombeiros, propiciou que o incendio, rexistrado nunha vivenda de Pomar do Río, non fóra a máis, e tan só afectara a unha das habitacións da casa. Foi precisamente nesta estancia da vivenda na que se orixinou o lume, resultando totalmente calcinada. Unha vez apagadas as lapas, o persoal de emerxencias encargouse de ventilar toda a casa, xa que no seu interior acumulárase unha gran cantidade de fume. Polo de agora descoñécense as posibles causas do incendio.