IC Boiro insiste nas presuntas irregularidades na adxudicación de obras

    54

    BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro incide nas presuntas irregularidades que se están a acometer na adxudicación de obras a nivel municipal. Responsabilizan á xustiza de non actuar con firmeza ante as denuncias presentadas pola oposición.

    A denuncia presentada hai un ano polo voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, en contra do alcalde por presunto malversación segue o seu curso. O rexedor boirense vén de presentar a documentación requirida polo xulgado. Sen embargo, Velo acúsao de tentar ralentizar o proceso con informes que non teñen nada que ver cos motivos da denuncia.

    Insiste Velo na existencia de presuntas irregularidades na adxudicación de obras que non contaban con informes favorables de intervención. Por esta razón, esixe unha maior firmeza na actuación por parte da xustiza.