A Garda Civil investiga as causas do incendio no taller de Queiruga

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/incendiotallerqueiruga1208141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/incendiotallerqueiruga120814.mp4{/flowplayer}

    PORTODOSON> O taller de vehículos está situado no baixo dunha vivenda. Non houbo que lamentar danos persoais.

    Ó longo desta xornada matinal, axentes da unidade de criminalística da Garda Civil da Coruña, así como peritos da aseguradora, investigaron polo miúdo as causas do incendio que arrasou o baixo desta casa de Queiruga. Tras estas portas está un negocio familiar, Talleres Xuncal, que no momento do incendio albergaba numerosos vehículos que esperaban ser reparados. As chamas prenderon con rapidez neles, o que dificultou as tarefas de extinción dos bombeiros de Boiro e Ribeira. Afortunadamente a parte superior da vivenda, onde vivía un matrimonio coas súas dúas fillas, non se veu afectada directamente polo lume pero arrastra problemas de gretas debido ás altas temperaturas rexistradas. A rápida intervención dos bombeiros impediu unha traxedia maior. Polo momento, segue sen coñecerse a causa deste suceso que conmocionou á aldea de Goltar, pero todo apunta a que a orixe está nos vehículos que permanecían no garaxe.