Éxito de público nos showcookings da Festa do Marisco

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/showcooking.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/xornadas_gastronomicas_emgrobes.mp4{/flowplayer}

O GROVE> E dentro dos actos programados dentro da quincuaxésimo primeira edición da festa do Marisco que se está a celebrar no Grove, hoxe acudimos ás xornadas gastronómicas da Cociña do Mar; onde puidemos ver novas formas de preparar os productos do mar de sempre. Máis aló das preparacións tradicionais do marisco, o Grove quere incluír cada ano formas novidosas de presentar as exquisiteces do mar. Dentro das sextas xornada gastronómicas A Cociña do Mar, no espazo denominado Cociña en Vivo, esta mañá puidemos asistir a unha demostración culinaria, na que amais, se ensinaba a maridar o viño da DO Rías Baixas cos productos das nosas Rías. A xornada comezou este xoves cunha charla coloquio na que o Doutor Ignacio Balboa, expuxo as virtudes dos productos do mar, tanto deste o seu punto de vista económico, da saúde e da súa potencialidade gastronómica. De seguido, o sumiller Ignacio Costoya ensinou ós presentes as nocións básicas de cata e de como maridar estes exquisitos froitos do mar cos non menos excelsos caldos das Rías Baixas. Este tipo de showcookings están a acaparar cada vez máis a atención do público. O handicap este ano está a ser o tempo: malia a que todo esta preparado para a chuvia a asistencia sempre é menor nos días de mal tempo.