CIG denuncia todo tipo de irregularidades nas ambulancias da empresa BMD

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/cig_ambulancias_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/cig_ambulancias_ponte.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> A CIG apunta numerosas irregularidades na empresa BMD, propietaria das dúas ambulancias denunciadas pola Policía Local de Pontevedra por levar medicamentos caducados. Multas por realizar servizos sanitarios sen estar debidamente autorizadas, vehículos que non pasan revisións ou anomalías no ámbito laboral, son algunhas das irregularidades que sinala o sindicato.

Ambulancias que non pasan as revisións, medicamentos caducados ou denuncias da Garda Civil de Tráfico por realizar servizos sanitarios sen estar debidamente autorizados, son algunhas das irregularidades que a CIG atribúe á empresa BMD.

A estas irregularidades, súmanse tamén as que supostamente se rexistrarían en materia laboral.

Segundo Aboi, a empresa colabora de xeito habitual con máis dunha decena de concellos de Pontevedra. Tamén se encarga da cobertura de importantes eventos, ademais de facer traslados para a aseguradora Adeslas.

Por iso dende a CIG piden á Fiscalía e á Xunta que actúen, e ofreceuse a aportar toda a documentación coa que contan para apoiar as súas acusacións.

O sindicalista apuntou tamén a unha posible connivencia da empresa co Partido Popular e coa Xunta.