Ribadumia aforrará 13.000 euros ao ano na factura eléctrica mudando 86 farois

    RIBADUMIA> Ribadumia aposta pola eficiencia enerxética. O concello cambiará 86 farois por puntos de luz LED, unha actuación que permitirá un aforro de máis de 13 mil euros ao ano. Dos 58 mil euros de investimento que se precisan, preto de 50 mil corresponden á subvención aportada pola Consellería de Industria.

     

    No mes de setembro, Ribadumia substituirá 86 dos seus farois do alumeado público por outros tantos puntos de luz LED. Unha medida a prol da eficiencia enerxética.

    As obras contarán cun investimento de 58 mil euros, dos cales o Inega aportará case 50 mil. Xunto a Ribadumia, conseguiron esta subvención os concellos de Vilagarcía, Catoira, Caldas, Pontecesures, Meis, Meaño, Ribadumia, Poio e Sanxenxo, o que supón un investimento total de 538 mil euros.

    No total da comarca de Arousa estanse a executar melloras en 14 instalacións e 978 puntos de luz.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/touris_enerxia_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/touris_enerxia_ribadumia.mp4{/flowplayer}