A plantilla de Lantero está indignada co novo ERE

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/24/lantero7.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/24/lantero_241114.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> A plantilla de Lantero está indignada tras coñecer as novas condicións do ERE interposto pola empresa. Prevense 41 amortizacións, 15 externalizacións e unha rebaixa do soldo do 20 %. Pero o que peor lles parece é que non llo presentase ningún responsable das negociacións, co que poder ampliar o calendario de negociacións. A Dirección de Lantero ven de presentar oficialmente as condicións do novo ERE tralo fracaso das negociacións anteriores. Propón, como xa se presumía; unhas corenta e unha amortizacións; 37 delas por baixada de producción; amais de 15 externacionalizacións e a baixada de soldo do 20 % para o xeral da plantilla. Estas condicións deberán ser debatidas de agora en diante entre dirección e comité de empresa nunhas tres xuntanzas previstas. Ós traballadores, amais das propias condicións, o que lles indigna é a representación desta achega de información. Denuncian que foi Cristina Romero, a responsable de Recursos Humanos a que lles deu esta información; asegurando que non era quen para acordar nada, nin sequera as datas para as propias negociacións. O plantel de Lantero bota en falla a presencia dalgún responsable de peso con quen poder, alomenos, acordar novas e máis datas de reunión. Estes traballadores reclaman de novo a mediación do conflicto por parte de axentes alleos, do servicio de mediación da Consellería de Traballo. Aseguran que tal e como está enquistado o problema é a única maneira de poder achegar posturas.