Mar espera o ditame de Europa sobre o mexillón

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/quintana_mexillon_galicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/quintana_mexillon_galicia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> A Comisión Europea terá que pronunciarse sobre a situación xurídica do mexillón en Galicia. A Consellería do Mar solicitou un ditame a Bruxelas que permita clarificala, despois da sentenza da Audiencia provincial de Pontevedra contra a conserveira Javimar por infracción da denominación de orixe. Para a Consellería, o tribunal interpretou a norma dun xeito toalmente diferente ao que se viña facendo.

A Consellería do Mar non entende a sentenza contra a conserveira Javimar por infrinxir a denominación de orixe. A semana pasada, a Audiencia Provincial de Pontevedra condenábaos por competencia desleal, ao enlatar como galego mexillón non certificado por Mexillón de Galicia. 

Por iso piden un novo ditame da Comisión Europea, para aclarar a situación xurídica real do bivalvo. As dúbidas nacen do feito de que o regulamento da Denominación de Orixe Protexida do 2008 está anulado.

Quintana recordou que o ano pasado só se puido certificar un 14% do mexillón producido en Galicia, e que só un 25% dos produtores están certificados pola Denominación de Orixe. Por iso agarda que o comité científico da Comisión aporte luz ao problema.

Ademais, a conselleira apostou polo diálogo para buscar un desenvolvemento axeitado da comercialización do mexillón galego e da súa Denominación de Orixe, sentando na mesma mesa a produtores, transformadores e comercializadores.