A festa do mexillón de Escarabote non se verá afectada pola toxina

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/festamexillonescarabote2108141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/festamexillonescarabote210814.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> A organización insiste na boa calidade dos produtos que ofertarán, traídos desde un polígono aberto de Sada.

    O próximo domingo 24, as inmediacións do porto de Escarabote acollerán a V edición da festa do mexillón. Hai quen se mostrou preocupado pola celebración, tendo en conta a actual situación dos polígonos de bateas da nosa ría, pero os organizadores garanten a calidade do anaranxado bivalvo, que traerán desde a ría de Ares e Betanzos. Nesta cita gastronómica prepararanse 500 quilos de mexillóns, que poderán degustarse ó vapor ou en paella, haberá ademais pementos de Padrón e tortilla. As racións terán un custe de 2 euros e medio. Estes cartos irán destinados ó Náutico Boiro Piragüismo Rías Baixas. Esperan que polo menos se cubran os gastos do desprazamento ó campionato de España de inverno. Proba que se disputará o próximo mes de marzo en Sevilla.