A gardería da Tomada entrará en servizo o próximo curso

POBRA> A obra está practicamente rematada na súa totalidade, con máis dun setenta por cento executado. Dende a asociación de empresarios do polígono confían en que o edificio poida estar rematado a finais de febreiro.

Tras unha longa espera, o proxecto da gardería da Tomada está a piques de converterse en realidade. O inmoble, emprazado nunha parcela cedida polo concello no parque empresarial  xa está executado  en máis dun setenta por cento.

A nova escola infantil comezará a funcionar con corenta e unha prazas para nenos de cero a tres anos. A intención é ir ampliando nun futuro, segundo a demanda, polo que foi construída de xeito modular.

Segundo as previsións da asociación de propietarios do polígono, a ocupación inicial estará en torno a un oitenta por cento.

A execución deste proxecto foi posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia e á colaboración de diversos propietarios do polígono.