‘Barrio Sésamo’ faise co primeiro premio no desfile do Martes de Entroido

barriosesamo_100_210207.jpgO GROVE > O Concello repartiu máis de dous mil euros en premios no Gran Desfile de Entroido que percorreu o casco urbano …

… Os primeiros premios en cada categoría foron para ‘Barrio Sésamo’, en grupos, ‘Orbitando Galicia’ en parellas e ‘O trasniño recolector’ en individuais. Entre os choqueiros repartíronse 10 premios dun lote de libros.

barriosesamo_200_210207.jpgEspinete, Don Pim Pom, Coco ou a ra Gustavo, os populares bonecos de ‘Barrio Sésamo’, deixáronse ver onte polas rúas do Grove e a orixinalidade do seu disfraz non deixou indiferente ós membros do xurado que decidiron dárllelo primeiro premio na categoría de grupos, dotado con 600 euros. O segundo, de 300 euros foi para ‘Climagrove Fórmula Un’, e o terceiro para os ‘Hippies avós’ a bordo da súa Samba, que levaron de premio 150 euros. Nesta categoría parece que o tivo complicado o xurado, que outorgou ata tres accesit, ‘o tren de vapor’ foi un deles. Tamén os televisivos personaxes dos debuxos ‘Los Simpson’ foron premiados con 75 euros, ó igual que a mascarada denominada ‘Glamour de melocotón e carabuñas’ que encabezaba o desfile.

trasninorecolector_200_210207.jpgNa categoría de parellas gañou ‘Orbitando Galicia’, con 200 euros. O segundo premio, dotado con 150 euros recaeu nos ‘Reis do Xadrez’, mentres que o terceiro foi para a composición ‘Coa armadura dura segura’, que levou 100 euros. Premios en metálico tamén recompensaron ós disfraces individuais para maiores de 14 anos, sendo o primeiro de 150 euros para o ‘Trasniño recolector’, e o segundo de 100 para ‘Oriente vístese de pasta’, mentres que o terceiro, de 75 euros para unha estupenda ‘Marilyn’. Na categoría de choqueiros o Concello optou por entregar ós 10 mellores cadanseu lote de libros nun ánimo de fomentar a lectura.

Redacción Salnés