O pleno de Boiro debate a aprobación inicial da RPT

BOIRO> O executivo de Boiro debate en pleno a aprobación inicial da RPT. O documento contempla a actualización e modificación das funcións dos máis de 200 traballadores do concello así como o incremento salarial que suporá un investimento de máis dun millón de euros.

Tras un longo proceso de negociación o executivo de Boiro conseguiu sacar adiante a proposta de modificación da RPT co apoio maioritario dos traballadores.

O documento contempla a actualización de funcións, con respecto á anterior relación datada en 2006, e un incremento salarial para tódolos empregados municipais que suporá un investimento de máis dun millón de euros.

Trala aprobación inicial do documento ábrese un período de exposición pública para a presentación de alegacións. No caso de non recibir ningunha quedará aprobado definitivamente no prazo dun mes.