O condutor da grúa de Sanxenxo, cazado bébedo e sen carné en pleno servizo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/grua_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/grua_sanxenxo.mp4{/flowplayer} 

 

SANXENXO> Circula pola principal rúa de Sanxenxo sen carné de conducir e da positivo no control de alcoholemia que lle fai a Garda Civil. O feito xa é suficientemente grave, pero vólvese máis se lles dicimos que o home era o condutor da grúa da localidade. Os feitos xa están en coñecemento do concello, que decidiu abrir un expediente á empresa concesionaria do servizo.

Unha taxa de alcohol en sangue de 1,40 e sen carné de conducir dende o mes de febreiro. Nestas condicións localizou onte a Garda Civil ao condutor da grúa de Sanxenxo en pleno servizo.

Os axentes inmobilizaron o vehículo e a Policía Local contactou coa concesionaria para que outro chofer substituíra ao infractor. Pero o concello xa anunciou que abrirá un expediente á empresa responsable.

A concesionaria, unha empresa de Meaño, tiña contrato ata finais do ano 2015. Independentemente da penalización do contrato actual, o concello xa decidiu non prorrogalo.