POIO> O mar e os seus produtos acaparan o protagonismo no concello de Poio. Dende o mércores e durante toda a fin de semana, o municipio enteiro céntrase na Festa do Mar que na súa décimo cuarta edición atraerá a máis de cen mil persoas a Combarro.
Imaxinan ter os mellores produtos do mar dentro da mesma carpa?
A décimo cuarta edición da Festa do Mar volve a Combarro para facer as delicias dos seus visitantes.
Unha carta chea de opcións e de preparacións do máis variado, que non deixa de gañar adeptos a esta Festa.
Arrancou o mércores, pero non perde forzas. É máis, a afluencia de xente é cada vez maior, e os responsables dos postos miran cara a fin de semana.
Dous días por diante nos que se agarda que pasen máis de 100 mil persoas por Combarro e durante os que aínda quedan moitas racións que repartir.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/festa_mar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/festa_do_mar.mp4{/flowplayer}