As Amas de Casa de Ribeira homenaxerán este domingo ás persoas maiores

RIBEIRA> Será cunha chocolatada a partir das cinco e media da tarde nos locais do Liceo Marítimo. Como é tradición por estas datas, a asociación dee Amas de Casa de Ribeira en colaboración con  Aires da Dorna e o propio Concello, renderán este domingo unha merecida homenaxe ás persoas maiores do municipio cunha gran chocolatada a partir das cinco e media da tarde nos locais do Liceo Marítimo. Aquelas persoas que queiran asistir a esta actividade, dirixida a maiores de 65 anos, xa poden retirar as invitacións nos propios locais da Asociación na rúa Monumento.