LOUSAME> A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático conclúe que a instalación podería ter un impacto significativo sobre o medio ambiente e as medidas do promotor non garanten de forma suficiente a súa completa corrección. A consellería de Medio Ambiente vén de emitir un informe de impacto ambiental negativo sobre o proxecto de construción da planta de residuos e un macrovertedoiro na localidade. Esta decisión foi moi ben acollida dende o Concello que sempre se opuxo ó proxecto. O informe emitido por Medio Ambiente advirte dos efectos negativos do macrovertedoiro sen que as medidas previstas polo promotor garantan a súa corrección ou compensación. Esta resolución vén de dar a razón ó Concello que dende un primeiro momento se posicionou en contra deste proxecto. Ábrese agora un prazo de quince días para que a empresa solicitante presente as alegacións oportunas. Rematado este período estudaranse aquelas que foran estimadas e volverá someterse a proposta de resolución ante os órganos competentes.
Inicio crb