O Capítulo dos Viños Rías Baixas segue sumando donas e cabaleiros

    VILAGARCÍA> O Capítulo dos Viños Rías Baixas conta dende esta fin de semana con oito novos cabaleiros. Por décimo ano, a orde acompañou este nomeamento co irmanamento entre confrarías, un acto co que intentan promover o consumo do viño branco máis aló das fronteiras arousás.

     

    Dende a praza de Ravella ata o Auditorio de Vilagarcía. O desfile do Capítulo dos Viños Rías Baixas fíxose dono do mediodía da vila arousá. Membros da orde e das demais confrarías invitadas encheron o centro de capas e estandartes.

    Xa no auditorio, todos arrouparon os novos cabaleiros do Capítulo que, un tras un, repetiron o seu compromiso cos viños da comarca.

    Entre os nomes dos novos membros, destacan os de fóra de Galicia: o presidente da confraría dos viños de Cangas de Narcea, Raúl Teimil e Ivon Jousson, o seu homólogo da confraría de Saint-Romain, de Burdeos. Víctor Otero, da confraría do Centolo Larpeiro, Antonio Gondar, director de Bodegas Abo Roxo, Carlos Martín, presidente do Consello Europeo de Confrarías Enogastronómicas e Ramón Paz, profesor arousán, completan a listaxe de incorporacións. En nome de todos eles falou Manuel Castro, empresario que tamén pasou a formar parte do Capítulo.

    Ademais dos viños, estiveron representados alimentos como o queixo asturiano, os centolos de O Grove e a ameixa de Carril. Por iso, Suso Paz destacou a importancia de unir forzas entre os diferentes produtos.

    Durante o acto o Capítulos dos Viños Rías Baixas estreitou lazos con outras confrarías. Así, selaron lazos cos viños de Cangas de Narcea, en Asturias, cos de Burdeos e do Condado de Tea e co Centolo Larpeiro. Neste caso o viño foi servido nunha cuncha.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/capitulo_lagarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/capitulo_lagarino.mp4{/flowplayer}