Pobra acollerá este domingo a sexta edición da súa carreira popular

POBRA> O concello da Pobra do Caramiñal acollerá este próximo domingo a sexta edición da súa carreira popular. A proba, organizada pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza en colaboración co propio concello, constará de diversos percorridos en función das distintas categorías participantes, dende os máis pequenos ata os seniors e veteráns. O arranque da carreira absoluta está fixado para as once e media da mañá dende a praza Alcalde Segundo Durán, que será ademais a liña de meta. Para máis información e inscrición os interesados poden dirixirse ás propias oficinas do Departamento de Deportes, situadas na casa de Cultura Raquel Fernández Soler, ou a través dos teléfonos 981-832590 ou 981-831545.

Comments are closed.