‘Esta obra abastecerá a tódolos veciños da zona do Piñeiriño’

    fotopineirinocopia.jpgVILAGARCÍA> O vicepresidente da Deputación José Juan Durán visitiu as obras, acompañado polo alcalde en funcións, Xosé Castro Ratón e a concelleira Tania García.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaObrasPineirino.flv{/flowplayer}

    A rede de abastecemento de auga existente nesta zona do Piñeiriño, no concello de Vilagarcía tiña máis de 20 anos de antigüidade e atopábase en malas condicións. Estas obras consisitirán en sustituír esa rede por unha nova tubaría de PVC de 110mm diámetro.

    Ademais levaránse a cabo as obras complementarias correspondentes, tales como a excavación de zanxas e a reposición das beirarrúas. Prevese que a obra esté rematada nun período aproximado de dous meses.

    O investimento necesario será de 189.000 euros que se fará no marco do plan de investimentos da Deputación para o período 2009 – 2011.

     Na visita desta mañá tanto o vicepresidente da Deputación José Juan Durán como o alcalde en funcións Xosé Castro Ratón quixeron poñer de manifesto a colaboración entre ámbalas dúas institucións, concello e deputación para levar a cabo esta obra que mellorará a situación das 50 edificacións que hai na zona.

    E que pola tanto afectará a entre 1800 e 2200 veciños. José Juan Durán recordou tamén que para este concello hai destinados dentro do PID un paquete de 170 mil euros para poñer en marcha outras obras. No conxunto do Salnés o investimento rondará os 8 millóns de euros.

    Redacción Salnés