Despedidas ás empregadas que denunciaron á Residencia Santo Anxo

    O GROVE> Logo do xuízo do mércores día 22 da semana pasada, cando as nove traballadores da Residencia do Santo Anxo do Grove reclamaban…

    {flowplayer}images/salnes/abandono_residencia_santo_anxo.flv{/flowplayer}

    … a rescisión do seu contrato despois de 10 meses sen cobrar, hoxe as nove denunciantes, as encargadas do trato directo cos anciáns eran despedidas mediante unha carta, na que, amais se lles acusaba de realizar mal o seu traballo. 

     Desde o sindicato CIG e as propias afectadas desmenten todas estas acusacións, asegurando que son unha revancha do empresario Antonio Fernández Padín por telo denunciado. Agora, tras esta mediodía non saben a situación na que se atopan os residentes posto que en situacións normais só se encontrarían no centro o encargado de mantemento, a da limpeza e a cociñeira que non teñen nin os coñecementos nin a destreza para desenvolver este traballo. Ó ser este un centro concertado, as agora despedidas puxeron en estes feitos en coñecemento da Consellería de Benestar para que desen conta dos maiores. As inspectoras que acudiron a semana pasada a este centro asegurar non coñecer estas intencións do empresario e pedíronlle un último esforzo; unha última axuda que non poden prestar porque non poden acceder ó seu ex-centro de traballo.

    Desde a administración autonómica avisaron de que ían a tomar cartas no asunto en breve. Namentres esto non sucede o malestar entre o colectivo de traballadoras é evidente; e máis desde que descubriron que algunha traballadora á que estaban axudando a subsistir con alimentos nestes últimos meses si estaba a percibir, alomenos, parte do seu soldo.

    Intervención urxente da Xunta

    Desde a Xunta de Galicia xa veñen de facerse cargo desta situación. A partir de hoxe mandaron efectivos que están a coidar dos anciáns e preparándoos para o seu traslado a outros centros. Desde o executivo autonómico xa contactaron cos familiares afectados para notificarse esta modificación e garantirlles que a situación está controlada, posto que a Consellería de Benestar levaba varios meses seguindo de preto este caso; ata o día de hoxe. Desde o executivo autonómico non descartan adoptar outra serie de medidas a partires dos feitos de hoxe.

    Redacción Salnés