‘Estamos á expectativa de se a centola é de boa ou mala calidade’

    praza_abastos_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Este foi o principal argumento que esgrimiron as peixeiras para xustificala ausencia de centola na Praza de Abastos.

    {flowplayer}images/salnes/VENDA_CENTOLA_PRAZA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a Praza de Abastos de Vilagarcía espertou sen centola. Moitas pescantinas que teñen un posto neste mercado e que soen vender este crustáceo xa non se achegaron nin ata a praza, segundo nos indicaron algunhas vendedoras. Outros optaban por vender diferentes variedades de peixe.

    E é que xa o advertían onte os mariñeiros, houbo poucas capturas e os prezos foron moi elevados, sobre uns 25-30 euros o quilo.

    Pero o vento, e segundo os máis veteranos a época do ano, tamén xogaron en contra no día da apertura da tempada. Por exemplo, as pescantinas que mercan na lonxa de Ribeira sinalaron que só se rexistrou un capacho en toda a tarde e na de Cambados uns trinta quilos.

    Ademais, ó ser a primeira vez que se permite a captura durante os meses de verán, moitos vendedores poñen en dúbida a calidade do produto.

    En relación ó destino deste marisco, estes traballadores sinalaron que na súa gran maioría vai destinado a restaurantes que poidan ter encargos ou cara fóra da comunidade.

    Redacción Salnés