Bustelo defende o acordo entre Rianxo en Común e o PSdeG

RIANXO> En Rianxo, na rúa, trala sorpresa inicial, seguen asimilando tamén o anuncio entre Rianxo en Común e o Partido Socialista para concorrer xuntos ós vindeiros comicios municipais.

O alcalde, Julián Bustelo, que será o cabeza de lista dos socialistas, defende o acordo, que, segundo el, permitirá configurar unha candidatura progresista forte, que traballe en común no beneficio dos intereses de tódolos rianxeiros.

Bustelo indicou que nos próximos meses irán perfilando a lista que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, tratando de configurar unha candidatura unitaria que integrará a parte das dúas organizacións políticas.