Os pensionistas de Boiro invitan ós cidadáns a sumarse á súa loita

BOIRO> Nace en Boiro unha asociación de xubilados, integrados na Plataforma Estatal en Defensa das Pensións Públicas. Trala xuntanza de constitución celebrada esta semana seguirán a reunirse cada luns ata conseguir a suba das pensións. O colectivo celebrou esta semana a súa primeira xuntanza co fin de establecer os seus obxectivos e poñer en común os distintos puntos de vista dos asociados. Fan un chamamento a todos aqueles boirenses que se queiran sumar a este movemento desmarcado de cores políticas e co único fin de conseguir unhas pensións dignas. Cada luns celebrarán unha xuntanza a mediodía na praza do concello.