Avanzan as obras de construción do circuíto de calistenia e da pista deportiva no Campo de Arriba

RIANXO> As obras de construción do circuíto de calistenia e a pista deportiva no Campo de Arriba, a carón do polideportivo e da piscina municipal avanzan a bo ritmo e nunhas semanas poderán estar xa operativas.

Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, a actuación vén a dar resposta a unha vella demanda da veciñanza que solicitaba a creación dunha área deste tipo no casco urbano.

Para o financiamento das obras o Concello recibiu tamén unha axuda da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por importe duns 34 mil euros.