Devoción e troula conflúen no San Ramón de Bealo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/01/romariasanramondebealo0109141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/01/romariasanramondebealo010914.mp4{/flowplayer}

BOIRO> A calor non disuadiu nin a devotos nin ás numerosas familias e peñas de amigos que realizaron cadanseu xantar campestre.

Como ven sendo tradición dende hai máis de 250 anos, o monte de San Ramón de Bealo convértese nun fervedoiro de xente cada 31 de agosto. Que esta última romaría cadrase en domingo acentuou, aínda máis, a gran afluencia de visitantes de tódalas idades. Os actos litúrxicos que se realizaron ó longo da xornada, congregaron numerosos devotos ó redor da capela e ó longo da procesión. Iso si, ó seu remate todos buscaron unha sombra na cal resgardarse da sufocante calor. Como marca a tradición, hai embarazadas que foron pedir un parto fácil e hai parellas que asistiron para pedir un fillo, fregando contra o manto do santo unha ramiña de mirto e a estampa cunha oración á Virxe María das Mercedes. Moitos outros acudiron á romaría polo seu carácter lúdico. Os máis novos acamparon durante días para reservar o mellor sitio no cal comer o domingo. As charangas e os grupos de gaitas amenizaron os distintos xantares campestres de amigos e familias. Tortillas, empanadas, mexillóns, polbo ou churrasco eran algunhas das opcións que se vían polos manteis deste multitudinario xantar. A sobremesa, como cada ano, alongouse ata ben entrada a tardiña.