A Xunta inviste uns 86 mil euros na renovación de beirarrúas no polígono de Xarás

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, acudiu ó parque empresarial, na compaña do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, para supervisar as obras levadas a cabo no recinto, que supuxeron a renovación dun tramo de beirarrúas.

O alcalde, Manuel Ruíz, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, comprobaron o resultado das obras levadas a cabo no parque empresarial de Xarás. A actuación, que foi posible grazas a unha achega da consellería de Economía, Emprego e Industria de máis de 86 mil euros, permitiu a renovación das beirarrúas dun tramo da Avenida de Ramiro Carregal.

Segundo explicou o delegado territorial da Xunta na Coruña esta actuación súmase a outras melloras realizadas tamén noutros polígonos da comarca do Barbanza, como é o caso do de Boiro ou Rianxo. na súa maioría proxectos orientados a mellorar as infraestruturas viarias e tamén para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.