VALGA> Os rexedores de Moraña e Valga recibiron esta mañá aos integrantes do obradoiro de Forestais e Albanelería que estes dous concellos levan celebrando de xeito conxunto durante as últimas dúas edicións. Os 20 integrantes formaranse durante nove meses e percibiran unha achega equivalente ao salario mínimo interprofesional.
A III edición do obradoiro de emprego dual que agrupa a alumnos dos concellos de Valga e Moraña iniciou hoxe a súa andadura. Unha iniciativa formativa na que participaran uns 20 integrantes e que se centrará en albanelería e aproveitamento forestal.
Os alumnos aproveitarán a súa formación para levar a cabo durante este curso prácticas coas que se poderá rehabilitar edificios municipais de ambos concellos, lavadoiros e fontes, así como se mellorará e acondicionará varios tramos do camiño portugués.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou o acto para expor as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural.
En total desenvolveranse 26 obradoiros na provincia, 18 duais e 8 dirixidos a mozos de menos de 30 aos, nos que participarán 487 alumnos. No caso dos obradoiros duais, como de Valga-Moraña, a novidade é a combinación dun contrato de formación e de aprendizaxe durante nove meses. Os participantes percibirán unha achega equivalente ao salario mínimo interprofesional durante os nove meses de duración.