O Circo Acrobático de Pekín actuará en Vilagarcía e Vigo

circo_pekin100_101208.jpgVILAGARCÍA > O Circo Acrobático de Pekín porá o broche de ouro á programación cultural de 2008 no Auditorio …

{flowplayer}images/salnes/PTAC_DREAMS.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA > O Circo Acrobático de Pekín porá o broche de ouro á programación cultural de 2008 no Auditorio de Vilagarcía. Dreams é o título do espectáculo que ofrecerá a compañía chinesa o 4 de xaneiro, ás nove da noite. Concello e Caixanova destacan que é unha oportunidade única para presenciar este impresionante show, que en Galicia só estará en Vilagarcía e Vigo.

As entradas póñense á venda mañá a través da web de Caixanova e da billeteira telefónica, a 27, 24 e 20 euros, segundo a zona do auditorio. En Dreams, O circo acrobático de Pekín presentará un colorido mundo de ensoño visto polos ollos dunha nena. Un show con acrobacias, música e efectos luminosos.

Redacción Salnés