O PSOE pide a mellora do camiño do Suquintáns en Abanqueiro

    BOIRO> O grupo municipal do Partido Socialista vén de presentar unha solicitude no concello a través da cal insta ó executivo local a proceder á rehabilitación do camiño que une o aparcamento do centro social de Abanqueiro coa praia de Suquintáns. Segundo os socialistas trátase dun acceso moi transitado polos veciños da zona que acuden a está praia a bañarse, a pasear ou mesmo a coller as súas embarcacións. Dende o PSOE boirense fanse eco das súas queixas, solicitándolle ó goberno local o seu arranxo, que segundo eles non suporía un elevado custe para as arcas municipais.