A Xunta mellorará o parque infantil de Exipto

    BOIRO> A Xunta de Galicia, a través da consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinará unha achega de máis de 36 mil euros para financiar a mellora da área infantil situada en Exipto, na parroquia de Abanqueiro, onde se prevé a substitución dos actuais xogos infantís, actualmente moi deteriorados, para adaptalos á normativa vixente. A achega supón o 75% do custe total da actuación, que supera os 49 mil euros. Ademais esta previsto intervir tamén na mellora da imaxe da praza pública alí existente.