{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/deputacion_factura_electrica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/deputacion_factura_electrica.mp4{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Dende hoxe, a Deputación pon en marcha un servizo para arroxar luz sobre a factura eléctrica. Pontevedra acollerá dez puntos de asesoramento individualizado nos que expertos na materia resolverán as dúbidas e consultas dos usuarios. A iniciativa conta coa colaboración da Unión de Consumidores de Galicia.
Explicar a información da factura da luz e aconsellar sobre as opcións máis rendibles en cada caso, é o obxectivo das oficinas comarcais de asesoramento que xa funcionan dende hoxe.
Estímase que co contrato axeitado, un usuario pode aforrar ata 200 euros ao ano na factura eléctrica. A complexidade do sector fai difícil que o usuario faga a escolla que máis se axuste ás súas necesidades.
O presidente da Deputación tamén destacou na importancia deste proxecto. Segundo Rafael Louzán, o mercado da luz carece de transparencia, algo contra o que está a loitar o goberno central.
As oficinas comarcais estarán abertas de luns a venres e en horario de mañá durante os vindeiros dous meses como mínimo. Das dez que acolle a provincia, a de Pontevedra atópase na sé da Deputación, a de Cambados en Exposalnés e a de Vilagarcía no concello da vila.