Máis de dous mil motoristas piden en Ribeira gardarraís de dobre bionda

    concentracionmotos_100_070408.jpgRIBEIRA > A ausencia de gardarraís de doble bionda no primeiro tramo da autovía evidenciou o incumprimento do compromiso adquirido por Política Territorial … 

    {flowplayer}barbanza/concentracionmotos.flv{/flowplayer}

    RIBEIRA > A ausencia de gardarraís de doble bionda no primeiro tramo da autovía evidenciou o incumprimento do compromiso adquirido por Política Territorial no seu día para dotar a nova autoestrada de elementos viais máis seguros.

    O ruxir das motos encheu esta fin de semana as rúas de Ribeira para facer sentir o clamor popular que pide a substitución dos quitamedos por gardarraís de dobre bionda. A peña motociclista de Ribeira convocou esta concentración á que asisitiron preto de dúas mil persoas chegadas de toda Galicia. Dende as cinco da tarde, os motoristas percorreron o casco urbano de Ribeira e varias parroquias do municipio, para darse cita a continuación na praza do concello onde se celebrou un acto conmemorativo.

    Emotiva homenaxe

    Ademais da lectura de varios manifestos de apoio, os asistentes renderon unha homenaxe ós compañeiros falecidos nas estradas, a través dunha ofrenda floral. Precisamente, a portavoz da peña ribeiresa, Loli Martínez, fixo un chamamento ós responsables de Política Territorial que teñen nas súas mans a sustitución dos gardarraís, para que se poñan no lugar das vítimas.

    Entre os participantes na concentración había xente de toda Galicia, especialmente procendentes da comarca do Barbanza e Muros-Noia. Todos acudiron a Ribeira movidos por unha causa común aínda que as súas esperanzas de que a administración atenda as súas peticións son cada vez menores despois das constantes promesas incumpridas.

    Recollida de sinaturas

    Ademais deste acto de protesta, a peña motociclista de Ribeira emprendeu unha campaña de recollida de sinaturas. Polo momento xa superaron as 20 mil rúbricas e agardan seguir sumando apoios para acadar maior seguridade para un dos colectivos máis vulnerables na estrada.

    Redacción Barbanza