Arousa Norte participa na Feira de Turismo de Cataluña

    BARBANZA > O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Isaac Maceiras, ten previsto viaxar esta fin de semana a Barcelona para participar no Salón Internacional de Turismo de Cataluña, inaugurado este xoves e que se prolongará ata o vindeiro domingo.

    Isaac Maceiras visitará o stand que Arousa Norte posúe dentro de Turgalicia nesa importante feira, e no que se facilita información sobre a comarca como destino turístico privilexiado.

    Tamén participará en encontros e entrevistas con touroperadores con ese mesmo fin, de dar a coñecer as potencialidades desta zona que pode acoller visitantes durante todo o ano, desestacionalizando a súa oferta.

    O presidente da Mancomunidade Arousa Norte comprobará sobre o terreo a acollida que o público dispensa tamén ós novos materiais editados dentro do Plan de Dinamización Turística desta zona, que entra na súa última anualidade.

    Logo da recuperación e posta en valor do patrimonio e os recursos da zona, comeza agora a fase de divulgación e promoción da comarca do Barbanza como destino turístico.

    Redacción Barbanza