Pontevedra pon unha intérprete de signos a disposición da súa comunidade xorda

PONTEVEDRA> A comunidade xorda terá unha intérprete á súa disposición en Pontevedra. O concello ven de pór en marcha este novo servizo totalmente gratuíto, que beneficiará ao máis dun milleiro de persoas xordas que viven no municipio.

 

Pontevedra da un paso máis para facilitar a integración ás persoas xordas. O concello terá á súa disposición unha intérprete de lingua de signos que os acompañará a facer as xestións que precisen dun xeito totalmente gratuíto.

O ano pasado, ata 249 veces tivo que desprazarse un intérprete dende Vigo ou Santiago para atender as peticións dos usuarios pontevedreses. Grazas a este convenio entre concello e Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, as 1.119 persoas que teñen esta discapacidade en Pontevedra son un pouco máis independentes.

Este servizo suporá un custo de 13.700 euros ao ano, que asumirá o concello. O convenio actual estará en vigor ata o 31 de decembro, aínda que nace con vocación de continuidade.

A intérprete estará dispoñible de luns a venres de 10 a 14 horas, aínda que tamén se poderá solicitar de xeito puntual en horario de tarde, sempre a través da Federación de Xordos de Pontevedra ou na Casa Azul. Tamén se poderán beneficiar deste servizo os usuarios doutros concellos que se acheguen á capital a facer xestións.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/convenio_xordos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/convenio_xordos.mp4{/flowplayer}