PONTEVEDRA> O BNG celebrará mañá en Pontevedra un mitin no marco da campaña electoral de cara ás eleccións europeas. Será ás 8 da tarde na praza do Teucro, e participarán a número 1 da lista ao Parlamento Europeo, a voceira nacional do BNG e o alcalde de Pontevedra. Hoxe Ana Miranda e Ana Pontón estiveron tamén na cidade, tomando parte nun reparto electoral.
O BNG de Pontevedra arroupou hoxe á súa candidata ao Parlamento Europeo. Ana Miranda participou nun reparto electoral no centro da cidade para trasladar á cidadanía a súa proposta. Insistiu en que a formación nacionalista é a única que fará que Galicia teña voz en Europa.
Ademais do BNG local, tamén se trasladou ata a cidade a voceira nacional da formación. Ana Pontón destacou a capacidade de traballo de Miranda. Tamén a súa experiencia. Non en van leva dende o 2009 exercendo como eurodeputada en períodos alternos.
Miranda, Pontón e Fernández Lores participarán tamén no mitin que se celebrará mañá na cidade. Será na Praza do Teucro a partires das 8 da tarde.











