O PP propón catro medidas para xerar oportunidades empresariais en Pontevedra

PONTEVEDRA> Tras manter reunións cos axentes económicos da cidade, O PP local presentou catro propostas encamiñadas a xerar oportunidades empresariais e de emprego en Pontevedra.

Rafa Domínguez fixo balance esta mañá das 11 xuntanzas mantidas durante os últimos meses con axentes económicos de Pontevedra. Destes encontros sacáronse como principais conclusións que a cidade ten un problema importante de paro e que as empresas son reticentes a investir.

Como propostas para solucionar estas eivas, o PP incluirá no seu programa electoral catro medidas. A primeira será a creación dun plan estratéxico de emprego.

Tamén consideran necesario a redacción dun novo PXOM, que substitúa o actual, que data de hai 30 anos.

Para atraer novos investimentos, propoñen a creación de solo empresarial e industrial de calidade.

Por último, apostan pola baixada de impostos, especialmente do IBI e da taxa de matriculación.

O PP local considera que estas medidas deberían ser tomadas xa polo concello.