PSOE e BNG asinan un acordo para gobernar en coalición a Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> Acordo entre PSOE e BNG para gobernar a Deputación de Pontevedra. Á espera de que mañá se constitúa a nova corporación, todo apunta a que, por primeira vez en democracia, a institución provincial non estará gobernada polo Partido Popular. Socialistas e nacionalistas asinaron esta mañá o pacto que dá forma a esta coalición, que sitúa a Carmela Silva como presidenta e a César Mosquera como vicepresidente.

 

Unha coalición PSOE-BNG gobernará nos vindeiros catro anos a Deputación de Pontevedra. Ambas formacións asinaron este mediodía o acordo que permitirá que por primeira vez en democracia a institución non estea gobernada polo Partido Popular.

No pleno de constitución de mañá será a socialista Carmela Silva a que recolla o bastón de mando das mans de Rafael Louzán. A vicepresidencia estará ocupada polo nacionalista César Mosquera.

Para elo, ven fundamental o reparto equitativo dos fondos provinciais. De aí que a intención é buscar cos concellos un gran pacto que lles dea, ademais, máis autonomía. Quedarán fóra destes acordos Pontevedra e Vigo, que terán que buscar convenios puntuais.

Rebaixar as retribucións e adelgazar as competencias da Deputación, son outros dos obxectivos da coalición, transferindo funcións a Xunta e concellos.

Aínda que a organización do goberno se anunciará unha vez constituído, no pacto PSOE e BNG xa reparten áreas. Os socialistas xestionarán as de Economía e Facenda, Cooperación municipal, Emprego, Innovación, Promoción Económica e Turismo e Xuventude, Deportes e Igualdade. Os nacionalistas, pola súa banda, asumirán Obras e Infraestruturas, Benestar Social, Medio Ambiente e Cultura.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/16/pacto_deputacion_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/16/pacto_deputacion_ponte.mp4{/flowplayer}